lunes, 25 de abril de 2016

Ultra Music Festival

Neste primer comentario vou falarvos sobre o festival mais conocido en Estados Unidos, o Ultra Music Festival. O Ultra Music Festival é un festival anual de música electronica fundado en 1999 por  Russel Faibisch e Alex Omes, ten lugar en marzo na cidade de Miami, Florida. O primer evento foi en 1999. Debido ao aumento masivo da asistencia entre 1999 e 2000 os organizadores do festival decidiron transladarse a Bayfont Park no centro de Miami para o tercer evento anual no que participaron artistas conocidos mundialmente no mundo pola súa música de estilo electrónico, tecno , chill, house e dupsted. Neste gran festival reúnense os mellores representantes do EDM ( Electronic Dance Music ).
O Ultra atrae a persoas de todo o mundo. A maioría deles quédanse en hotéis, esta é a mellor opcion para ir ao festival. Dise que o Ultra 2016 foi máis increible que todos os Ultras xuntos.
Aquí os dexo uns links da páxina principal do Ultra no que podedes ver algún vídeos do último Ultra que foi increible.
Vídeo de youtube do festival.
Páxina principal do Ultra Music Festival.

jueves, 14 de abril de 2016

Festival Tomorrowland.



                                                          TWOMORROWLAND 


QUÉ É TOMORROWLAND?

É o festival de música electrónica máis grande do mundo. 
Celébrase anualmente en Bélxica, pero dende 2013 o seu fundador decidiu facer xiras por máis partes de mundo, e así foi, agora Tomorrowland celébrase tamén en Brasil e nos Estados Unidos.

A primeira edición do festival celebrouse o 14 de agosto do 2005.

Sen lugar a dúbidas, Tomorrowland converteuse no festival de música electrónica máis grande do mundo.




Este é o seu logo oficial.


DECORACIÓN E ALRREDEDORES:

Os escenarios atópanse  rodeados dunha decoración que simula un conto de fadas. 
No momento do espectáculo non cabe ni un alfiler.




Consta dun camping as aforas do recinto onde a xente descansa e recarga as enerxías, este camping chámase DreamVille, ofrece distintas acomodacións, xa sexa un lugar para poñer a túa tenda de campaña o unha mansión para un determinado número de persoas.




O FESTIVAL EN INTERNET

O festival creou unha canle de YouTube en 2005 para que os internautas poidan seguir as actualizacións, conseguindo así varios millóns de visitas.


TAMÉN DEBERIAS SABER

- Os baños de Tomorrowland son de uso gratuito.

- A venta de entradas disparouse nos últimos anos e apenas duran unhas horas en internet.

- Celébrase na recreación de Boom (Bélxica). Boom significa árbore en holandés, na séptima edición a árbore estivo presente na decoración 

- Asistiron grandes futbolistas como Lionel Messi o Karim Benzema

- Hai rumores de que no 2016 pode extenderse hasta México, o cal non foi confirmado.


Aquí vos deixo algunhas fotos máis.















martes, 12 de abril de 2016

Festival de Glastonbury



O Festival de Glastonbury das artes performativas contemporáneas, abreviado como Glastonbury, é un festival das artes de escenario que ten lugar preto de Pilton, Somerset (Inglaterra), coñecida pola súa música contemporánea e tamén para a danza, comedia, teatro, circo, cabaret e outras artes.
Ten una duración de tres días e celebrase o último fin de semana de xunio. Os xeneros musicais que se poden atopar son: rock, hard rock, alternativo,indie rock, world music, punk rock, música electrónica, reggae, música folk e hip hop.


Michael Eavis, o organizador do festival era un agricultor dun vale de Somerset e decidiu organizar o primeiro festival chamado Festival de Pilton, tras ver un concerto ao aire libre do Led Zeppelin no Festival de Blues e música progresiva de Bath 1970. Os primeiros festivais da década de 1970 foron influenciados pola ética do movemento hippie e festivais gratuítos. O festival mantén vestixios desta tradición. Tras a década de 1970 o festival foi realizado case todos os anos e creceu en tamaño. Os principais artistas de pop e rock han encabezado con miles doutros aparecendo en escenarios pequenos e áreas de interpretación. O festival tamén deu lugar a películas e discos e é relatado extensivamente na televisión e nos xornais.


Primer festival:1971

O Festival mudouse para o tempo do solsticio de verán e era coñecido como o "Glastonbury Fair" (Feira de Glanstonbury). Fora planeado por Andrew Kerr e Arabella Churchill que sentían que todos os outros festivais da época eran demasiado comercializados. Foi pagado polos poucos que apoiaron o ideal polo cal a entrada era gratis e tomou unha tradición medieval de música, danza , poesía , teatro , luces e entretemento espontánea. Foi neste ano que a primeira "pirámide" escenario foi construído a partir de estadas e metal expandido cuberto con follas de plástico, construída nun lugar por enriba da liña Ley Glastonbury - Stonehenge. Os músicos que actuaron gravaron un disco agora moi raro. O Festival tamén foi capturado "a la Woodstock" por un equipo de rodaxe de 1972, que incluía a Nick Roeg e a David Puttnam. Esta película foi chamada "Glastonbury Fayre".

                                               


Actos incluídos: Hawkwind , Tráfico , Melanie , David Bowie , Joan Baez , Fairport Convention e Quintessence.
Presenza: estimada en 12.000 de persoas.
Prezo: gratuíto.

2015:                                                2016:

                                 

lunes, 4 de abril de 2016

Coachella

¿Queres bailar con Leonardo DiCaprio ao ritmo de AC/DC? ¿Ou tomarte unha Coca-cola con Jared Letto e Katy Perry mentres vedes pinchar a David Guetta?
Se calquera de estas propostas resultache apetecible, entón, Coachella é o teu festival, moitos dirán que é o que máis famoso ten por metro cadrado , pero a primeira idea do seu creador, Eddie Vedder, non era algo asi , xa que decidiu participar no boicot contra a empresa Ticketmaster organizando un concerto cunha entrada de 50$ no que asistiron 25.000 persoas. Hoxe en día, converteuse nun referente da música mundial no que milleiros de persoas asisten cada ano. 




Primeiros Festivais 
Foi en 1999 cando o evento comenzou a celebrarse de maneira regular, logrando ano tras ano, aumentar o número de asistentes cunhas carteleiras que mesturaban o mellor da música rock e electrónica alternativas como The Chemical Brothers ou Underworld...

                                                       
   

No 2001, a pequena promotora punk, Goldenvoice,  que era a encargada da súa organización, foi adquirida por AIG ( Anschutz Entertainment Group) 
A partir desta data, Coachella foi medrando pouco a pouco ata converterse no que é hoxe en día. 


O que empezou sendo un "escaparate" moi respetable da música alternativa, sufriu nos últimos anos un cambio que fixo que Coachella pasase de aclamado festival de espírito libre a un recinto aberto en que catro famosos pasan unha boa fin de semana. Cada edición que pasa, as críticas aumentan por introducir nas súas actuacións artistas máis comerciais, pero, habrá que ver a súa estadística uns minutos, xa que incrementou considerablemente a súa asistencia.Por exemplo, no 2012, cerca de 90.000 persoas asistiron, sendo un dos seus mellores anos...

Deixando a un lado as críticas e a clara decadencia que esta a pasar.... ou mellor , continuamos:
As datas varían anualmente, pero sempre a metade do mes de Abril, este ano, os días van ser do 15 ao 22. Dende a edición do 2007, este festival ten unha duración de dous fin de semanas. As entradas dos primeiros anos eran de 65$ e de comida tiñas hot dogs e refrescos a temperatura ambiente do deserto de Indio. Hoxe en día, a entrada ascende a 367$ máis alugar o espazo para dormir ou coller un dos seus hoteis "low cost". En definitiva, os altos prezos converteron Coachella na festa privada dos nenos ricos da alta clase americana. 




No 2015, a media de idade  dos asistentes descendeu uns dez anos, sendo así os xóvenes de vinte anos os que tomaron o festival, colocándose por vez primeira antes dos de trinta anos. En Coachella, apréndese ano tras ano, convertindo o festival nun referente de tendencias e de moda e deixando de lado, para sorte ou desgraza, eses anos en que o máis importante era a música nese paisaxe idílico das planicies californianas. Eses anos para Coachella chegaron xa ao seu fin, ata o punto en que moita xente asegura que este é o festival internacional do postureo. Como antes de opinar hai que saber e coñecer, primeiro encargádevos de asistir e logo xa iredes criticando polo Burgo.

Datos Curiosos 
Os deixo os que vagan máis a pena, xa que a lista é interminable.

1- No ano 2012, Coachella  xenerou unhas cifras de 47 millóns de dólares americanos. Ao final a música grunge si que tivo éxito.
2- En 2004, foi o primeiro ano en que os boletos remataron coa presentación de The Pixies.
3- De media anual , o número de persoas arrestadas baixo os efectos do alcool é de 90.
4- A metade dos artistas que actúan no festival , non os coñecen ninguén, como din varios presentadores.
5- Ata o 2002 prohibíase acampar no recinto.
6- No ano 2011, Joe McMarcus anunciou a morte de Osama Bin Laden a mans do exército dos Estados Unidos.Xa sabedes a resposta do público: USA! USA!
7- Este ano , o coñecido grupo Guns N' Roses actuará de novo tras 20 anos de inactividade.

Este é o video de Joe:




Si despois de ler todo isto segues con gañas de ir ou tan sequera de aceptar esa Coca-cola con Katy Perry, no enlace de abaixo podrás acceder á páxina oficial para máis información. O ano pasado as entradas esgotáronse en menos de vinte horas. Quedas avisado....

    https://www.coachella.com/

O que te perdes no 2016...