O Festival de Glastonbury das artes performativas contemporáneas,
abreviado como Glastonbury, é
un festival das artes de escenario que ten lugar preto de Pilton, Somerset
(Inglaterra), coñecida pola súa música contemporánea e tamén para a danza,
comedia, teatro, circo, cabaret e outras artes.
Ten una duración de tres días e celebrase o último fin de semana de xunio. Os xeneros musicais que se poden atopar son: rock, hard rock, alternativo,indie rock, world music, punk rock, música electrónica, reggae, música folk e hip hop.
Michael Eavis, o organizador do festival era un agricultor dun
vale de Somerset e decidiu organizar o primeiro festival chamado Festival de
Pilton, tras ver un concerto ao aire libre do Led Zeppelin no Festival de Blues
e música progresiva de Bath 1970. Os primeiros festivais da década de 1970
foron influenciados pola ética do movemento hippie e festivais gratuítos. O
festival mantén vestixios desta tradición. Tras a década de 1970 o festival foi
realizado case todos os anos e creceu en tamaño. Os principais artistas de pop
e rock han encabezado con miles doutros aparecendo en escenarios pequenos e áreas
de interpretación. O festival tamén deu lugar a películas e discos e é relatado
extensivamente na televisión e nos xornais.
Primer festival:1971
O Festival mudouse para o tempo do solsticio de verán e era
coñecido como o "Glastonbury Fair" (Feira de Glanstonbury). Fora planeado por Andrew Kerr e Arabella Churchill que sentían que todos os outros festivais da época eran demasiado comercializados. Foi pagado polos poucos que apoiaron o ideal polo cal a entrada
era gratis e tomou unha tradición medieval de música, danza , poesía , teatro ,
luces e entretemento espontánea. Foi neste ano que a primeira
"pirámide" escenario foi construído a partir de estadas e metal
expandido cuberto con follas de plástico, construída nun lugar por enriba da
liña Ley Glastonbury - Stonehenge. Os músicos que actuaron gravaron un disco
agora moi raro. O Festival tamén foi capturado "a la Woodstock" por un equipo de rodaxe de 1972, que incluía a Nick Roeg e a David Puttnam. Esta película
foi chamada "Glastonbury Fayre".
Presenza: estimada en 12.000 de persoas.
Prezo:
gratuíto.
2015: 2016:





No hay comentarios:
Publicar un comentario